top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

éxito total con seis medallas internacionais

Do 2 ao 4 de febreiro de 2024, a cidade de Benalmádena converteuse no epicentro do bádminton internacional ao acoller dous destacados torneos: o "Aberto de España Sub-15 Andaluz de Benalmádena 2024" e o "Open de España 2024 Sub-17". Ata alí desprazáronse numerosos volantistas da comunidade galega, dispostos a deixar pegada e volver a casa con grandes éxitos.


Na apaixonante categoría Sub-15, as xóvenes promesas galegas Maia Freire e Xulia Otero realizaron unha actuación sorprendente ao colarse nas semifinais de dobres feminino. Aínda que xogaron un partido moi igualado, finalmente caeron ante as suas adversarias por 16-21 no terceiro set. Compartiron o mesmo chanzo de podio con Marta Álvarez e a asturiana Belén Soto, que lograron o bronce ao chegar ás semifinais. Ademais, a coruñesa Inés Poncela contribuíu ao medalleiro galego ao conseguir un destacado bronce en individual feminino. 🥉🥉🥉👏


A categoría Sub17 contou con Raúl Bergua, a nova incorporación do Club Badminton Ravachol. Bergua destacou ao levar dúas merecidas medallas de prata en individual masculino e en dobres masculino, acompañado de Gonzalo Isabal. O CB Athlos tamén deixou pegada con Xoel Álvarez e Paula Casas, que aseguraron a guinda ao conseguir un bronce en dobres mixtos. 🥈🥈🥉


Galicia brilla en Benalmádena

En total, os volantistas galegos volveron á casa con seis medallas internacionais, un logro que enche de orgullo á federación galega. Transmitimos os nosos parabéns a todos os participantes e animámolos a seguir adestrando con esforzo e dedicación. Tamén queremos recoñecer o traballo dos adestradores, que día tras día contribúen a formar non só grandes deportistas, senón tamén grandes persoas que representan con orgullo a Galicia alá onde van. Parabéns a todos por esta brillante fin de semana de bádminton en Benalmádena!🌟👏






16 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


bottom of page