🏸 Xogadores galegos convocados para a Segunda Concentración Nacional Sub11 e Sub13 en La Roda! 🇪🇸✨
- Federación Gallega de Badminton
- hace 5 días
- 1 Min. de lectura
Do 29 de maio ao 1 de xuño, a localidade de La Roda (Albacete) acollerá a segunda concentración nacional das categorías Sub11 e Sub13, unha cita clave dentro do proxecto Team España Futuro, centrado na detección, desenvolvemento e seguimento dos talentos emerxentes do bádminton estatal 💥
💙 Galicia estará representada por seis dos nosos xogadores e xogadoras, que foron seleccionados/as para formar parte dos combinados nacionais das súas categorías:
🏸 Inés Lemos
🏸 Eva Lemos
🏸 Álvaro Gómez
🏸 Telma Ruso
🏸 Suevia García
🏸 Pablo Fernández
🔝 Unha oportunidade única para seguir aprendendo, compartindo experiencias e medrando como deportistas nun entorno de alto nivel. Un orgullo para todo o bádminton galego!
🎉 Parabéns a todos e todas! A seguir traballando con ilusión e constancia! 💪💙
#BádmintonGalego #TeamEspañaFuturo #DeporteGalego #XuntaDeGalicia #TalentoGalego #BadmintonBase #OrgulloGalego 🏸🌟

Comentários