A xogadora galega, actualmente interna no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Iziar Barcala alcanza os cuartos de final na modalidade de individual feminino sub17 no Internacional de Bélxica. Iziar realizou unha fantástica actuación tras vencer as cabeza de serie 11 e 1 do torneo.
No modalidade de dobres mixtos, xunto con Raúl Bergua, caerían na primeira ronda nun partido moi axustado que se decidiría pola mínima na terceira manga.
Noraboa a Iziar e tamén a Manuel Brea que viaxou coa xogadora en función de técnico
Commenti