top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

TOP MÁSTER SUB13 - SUB17 MONTILLA

💥Esta fin de semana a canteira galega desprazouse ata Montilla onde se disputou o Top Máster Sub13 - Sub17. Os nosos e as nosas volantistas voltaron cun total de 7 metais entre as duas categorías.


Os mais cativos (Sub-13) fixeron unha gran actuación, destacando o papel de Xulia Otero (CB As Neves) e de Maia Freire (Club del Mar). A nevense mostrou un gran nivel e proclamouse CAMPIONA🏆 tanto na modalidade de individual como na modalidade de dobles femenino xunto a Maia. Esta última, logrou unha medalla de BRONCE🥉 tras caer nun duelo galego de altísimo nivel que disputaría contra Xulia nas semifinais.


Na categoría Sub17, Paula Noya e Alba Prada do Club del Mar foron as grandes CAMPIONAS🏆 levándose o OURO🥇 na modalidade de dobles femenino. Non satisfeitas con isto, Alba conseguía meterse nas semifinais de individual feminino sumando un novo BRONCE🥉.


Adrián Rodríguez, do CB As Neves, logrou un doblete de BRONCES🥉 en individual masculino e en dobles masculinos xunto a Xoel Álvarez do CB Athlos.


Un orgullo ver a todos os galegos tan unidos e observar como os resultados van chegando fruto do durísimo traballo realizado. Noraboa a todos e todas, es especial a os premiados, pero non nos esquecemos dos que loitan día tras día para subir ao podio! Imos Galiciaa!💙🔥





1 visualización0 comentarios

Comments


bottom of page