A pasada fin de semana tivo lugar en Calvia (Baleares) o Top Máster Final N1 Sub13 e Sénior onde acudiron as mellores raquetas a nivel nacional. Entre elas foron varios os volantistas galegos que lograron clasificarse para disputar esta gran cita do bádminton español.
Comezando pola categoría dos máis cativos, Xulia Otero foi a gran triunfadora proclamándose CAMPIONA🏆 do torneo sen ceder tan sequera un solo set e logrando triunfos moi holgados. Maia Freire non lograría chegar ata a fase final pero quedou moi preto de alcanzala.
Na categoría Sénior, Teresa Vázquez do CB As Neves logrou un resultado histórico disputando un torneo IMPECABLE e proclamándose así 🏆TRIPLE CAMPIONA🏆 do torneo nas modalidades de IF B1-C2, DF B1-B2 e DX B2-C2, esta última co xogador de Cedeira Diego Freire.
Fantásticos resultados que deixan ver unha vez máis os grandes volantistas que forman parte da nosa comunidade e dos cales estamos moi orgullosos e agradecidos! Únicamente nos queda darvos a noraboa e tamén as grazas por demostrar que o bádminton galego non ten fronteiras! 🔥🔥🔥
Kommentare