top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

SPANISH INTERNATIONAL U17 U15

Nova fin de semana repleta de bádminton! nesta ocasión Ibiza acolleu aos sub15 e sub17 nunha cita internacional na que os galegos destacaron facendo unha fantástica actuación.


IZIAR BARCALA VOLVE A SER A GRAN PROTAGONISTA DO TORNEO CUNHA DOBLE MEDALLA DE OURO E UN BRONCE

Comezando pola categoría superior, os sub17, a estradense Iziar Barcala voltou a demostrar o seu gran nivel tan so uns días despois de proclamarse campiona de España. Dominando as modalidades de dobres mixtos, xunto a Raúl Bergua, e individual feminino, subiríase ao máis alto do caixón por partida doble e lograría o bronce en dobres feminino xunto a súa compañeira de adestramento e parella, Carmen Carro.


Adrián Rodríguez tamén fixo notorio o gran salto de calidade que pegou nos últimos meses, o nevense ven demostrando unha vez máis a súa melloría en pista tras o duro traballo que realiza día a día no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Como é habitual, este traballo tivo a súa gran recompensa cunha medalla de prata que culmina un gran torneo para os nosos xogadores.


Por outra banda, as xogadoras coruñesas Inés Poncela e Sara del Castillo disfrutaron desta gran cita convocadas coa selección nacional e realizaron un bó papel alcanzando os cuartos de final de dobres femininos, onde estiveron a un paso de alcanzar o podio. En individual caerían en octavos e dezaseisavos de final respectivamente.


AS MÁIS CATIVAS COMEZAN A DAR GUERRA

As galegas Maia Freire e Xulia Otero, que acudiron coa selección nacional sub15, aínda que pertencen a categoría sub13, deron guerra nun torneo onde a diferencia de idade marcou a diferencia pero tamén supón un novo reto e unha motivación extra para estas grandes deportistas.


A nevense Xulia Otero, avanzaría ata o cadro final de individual feminino pasando como primeira do seu grupo e caería nos cuartos de final. Maia Freire do Club del Mar de San Amaro quedaría segunda clasificada nun grupo complexo de catro xogadoras onde únicamente a primeira de grupo avanzaba as rondas finais. Xuntas, na modalidade de dobres femininos, deixarían un bó sabor de boca ao quedar a unha única victoria de alcanzar a final de dobres feminino.


Noraboa a todos e a todas as xogadoras que nos representan e deixan o bádminton galego tan arriba!🔥👏








26 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page