top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

SCOTTISH OPEN 2023


Nova competición Internacional dos nosos xogadores que adestran no Centro de Alto Rendemento de Madrid. Esta vez viaxaron ata Escocia onde, tras uns días de adestramento con grandes nomes deste deporte, comezaron a súa aventura no Scottish Open 2023.


Por unha banda, a xogadora nevense Lucía Rodríguez, conseguiría clasificarse para o cadro final tras dous partidos moi intensos xunto a Rubén García. Posteriormente, caerían na ronda de dezaseisavos de final fronte unha parella inglesa. Xunto a Paula López, xa directamente no cadro final, perderían dando guerra contra a parella danesa.


Jacobo Fernández, do CB Cíes, percorrería un camiño moi similar ao de Lucía. Tras dous duros partidos de clasificación lograba meterse no cadro final de dobles con Álvaro Vázquez e caerían na ronda de dezaseisavos. Mentres que en dobres mixtos con Paula López, caerían na primeira ronda do cadro final do torneo.


Bo traballo e a seguir loitando por subir aos postos máis altos! Ánimo rapaces! 🔥



10 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page