top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

SANTANDER, ESCENARIO DE ÉXITOS PARA O BÁDMINTON GALEGO

🏸✨ Nova fin de semana repleta de eventos para o bádminton galego que, ademais de viaxar ata Navarra, tamén fixo parada en Santander na procura de novos éxitos. E así foi, os resultados non tardaron en chegar! 🏆🎯


Na modalidade Sub13, Xoel Álvarez do CB As Neves non lograba culminar a súa actuación pero acadaba o segundo posto 🥈 tras disputar unha gran final en individual masculino. En dobres masculinos, formando parella con Álvaro Gómez (Escola Rosalía), subirían ao podio 🥉 para recoller a medalla de bronce, que a piques estivo de cambiar de cor 🥇 tras un emocionante partido nas semifinais, que finalmente decantouse pola parella rival na terceira manga. Eva Lemos do CB Ponteareas lograba un bronce en dobres mixtos.


Na categoría Sub17, Inés Poncela e Sara del Castillo do Club del Mar proclamábanse campionas 🥇 en dobres femininos, e, á súa vez, Sara coroábase cun ouro 🥇 en individual tras gañar dous partidos de auténtico infarto nas semis e na final. Martina Llamas e Beatriz López, do CB Athlos, tamén lograban un bronce 🥉 en dobres femininos, sumando un metal máis ao medalleiro galego 🏅.


Nicolás Davila e Javier Otero, do Escola Rosalía, formaban parella para acadar as semifinais en dobres masculinos cunha moi boa actuación 👏. O mesmo farían os coruñeses Samuel Luaces e Sira Vila en dobres mixtos, sumando outra medalla de bronce 🥉.


Así remataba o torneo, cun balance moi positivo 💪 e con grandes sensacións para as vindeiras citas! Noraboa a todos e a todas! 🎉





10 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page