O mes de setembro comeza con grandes noticias para o bádminton galego, unha delas, a medalla do galego Rodrigo Sanjurjo no Latvia International disputado esta fin de semana. Xunto ao seu compañeiro, Daniel Franco, foron superando rondas e demostrando un gran nivel de xogo. Tras un partido de aunténtico infarto nos cuartos de final, no cal a victoria caería do lado dos nosos por 21-19 na terceira manga, non foron quen de superar aos alemáns Jonathan Drespp e Aaron Sonnenschein (16-21 e 19-21).
O mesmo Rodrigo, xunto a unha das integrantes do centro de tecnificación de Galicia fai uns anos atrás, Nikol Carulla, acadaban a ronda de octavos de final en dobles mixtos plantando cara aos cabeza de serie número sete, cedendo por 17-21 na terceira manga.
Noraboa e sorte para as vindeiras citas! 🍀🔥
Comments