Lucía Rodríguez e Ignacio Fernández grandes protagonistas da xornada coroándose como novos campións de España por partida dobre.
Novo fin de semana cheo de éxitos para o bádminton galego, nesta ocasión Cartaxena acollía o Campionato de España Absoluto e Parabádminton onde participarían numerosos volantistas galegos. 🏸
A xornada non defraudou, Lucía Rodríguez (CB As Neves) segue a demostrar o alto nivel no que se atopa conseguindo dous ouros, en dobres feminino e dobres mixtos absolutos xunto a Paula López e Rubén García respectivamente, un feito histórico para o a nosa comunidade. 🥇🥇
Sen dúbida, Ignacio Fernández (CB Athlos) foi tamén protagonista ao lograr unha xesta similar con dous títulos de campión en individual e dobres WH1-WH2 correspondentes a categoría de parabádminton, esta última modalidade xunto ao seu compañeiro Francisco Motero. 🏆🏆
Ademáis, Galicia sumaba varios metáis de prata a cargo de Jacobo Fernández, CB Cíes, que tras unha espectacular final moi axustada, subiría ao segundo peldaño do podio como subcampión de España de dobres masculino xunto a Daniel Franco. 🥈
Nikol Carulla (Bádminton As Pontes) firmaría un papel excelente cunha prata en dobres feminino xunto a Beatriz Corrales e un bronce co seu compañeiro de clube Rodrigo Sanjurjo (Bádminton As Pontes). 🥈🥉
Manuel García (CB Athlos) conquistaba o título de campión na modalidade de parabádminton dobres masculinos SU5-SL4 xunto a Pablo Serrano. Ao mesmo tempo que Manuel colgábase a medalla de ouro, Daniel García do CB Athlos facía o propio coa medalla de bronce acompañado por Juan Antonio Ramírez. 🏅🥉
Daniel realizaría a mesma actuación na modalidade de individual cun novo bronce igualando ao seu compañeiro Manuel García que subiría á terceira posición en individual masculino SU5-SH6. Por último, Manuel lograba a medalla de prata na modalidade SL3-SU5 xunto a Cristina Sánchez. 🥉🥈
Finalmente, queremos destacar a actuación e a entrega de Antonio Iglesias, Gabriel Fernández e Ana Nóvoa que o deixaron todo no terreo de xogo! Noraboa a todos e a todas por esta fantástica actuación e por continuar a darlle grandes éxitos ao noso deporte! 🎉👏
Comments