Esta fin de semana disputouse en Estelle (Navarra) a segunda xornada de liga nacional de clubes. Ata alí se desprazaron o @Cbathlos e o @CbAsNeves para representar a comunidades galega nesta competición.
O cb athlos foi quen de levarse dous dos tres encontros disputados. O primeiro fronte o Club Bádminton Palma pola mínima (4-3). No seguinte non correrían a mesma sorte, o Club Bádminton Ibiza impúxose ao equipo ourensan por un apretado 3-4. Para finalizar a xornada, os galegos gañarían por un holgado 6 a 1 ao Club Bádminton UVA. Este resultado coloca ao Athlos na octava posición da táboa.
Por outra banda o Club Bádminton As Neves vivo unha xornada complicada debido as numerosas baixas no equipo. Os nevenses viaxarían cun equipo de 5 xogador@s tendo que dar un partido de cada encontro por perdido. A pesar disto, os galegos loitaron ata o final pero non foron quen de ganar ningún dos 3 encontros disputados na fin de semana. Caendo así ata a onceava posición na táboa.
A seguir loitando e moita sorte para as vindeiras xornadas!🍀
Comments