🏸✨ Estella acollía esta fin de semana unha gran cita como foi o Máster N3 correspondente ás categorías Sub15 e Sub19. Ata alí trasladouse a expedición galega na procura de puntos para o ranking nacional e de rodaxe na pista. 💪🏅
Na categoría Sub15, Maia Freire e Xulia Otero, do Club del Mar e do CB As Neves, lograban o ouro 🥇 en dobres feminino, ademais de sumar dous bronces 🥉 por separado na modalidade de individual feminino. Deste xeito, entre as dúas xogadoras foron quen de lograr tres metais 🏅 para o medalleiro galego.
En dobres mixtos, Xoal Balboa e Marta Álvarez do CB As Neves conseguían alcanzar as semifinais subindo así ao podio 🥉 para recoller a medalla de bronce.
Na categoría Sub19 o éxito foi rotundo, con tres ouros 🥇 de cinco posibles e cun total de sete medallas 🏅. Raúl Bergua (CB Ravachol), Ana Nóvoa (CB Athlos), Iziar Barcala (CB A Estrada) e Carmen Carro (CB Ravachol) foron os grandes protagonistas. Raúl e Ana sumaban os dous primeiros ouros nas modalidades de individual masculino e individual feminino. Por outra banda, Iziar e Carmen, facendo parella, conseguían a victoria en dobres feminino 🏆.
Ademais, Iziar completaba a súa gran actuación cun bronce 🥉 na modalidade de individual, ao igual que o faría Pablo Alfaya da Escola Rosalía.
En dobres masculinos, dúas parellas galegas compartiron o terceiro posto 🥉 no mesmo peldaño do podio: Raúl Bergua xunto a Rubén Comerón (CB A Estrada) e Iker Rodríguez (CB As Neves) xunto con Pablo Alfaya.
🎉 Noraboa a todos e a todas polos grandes resultados e tamén a todos os xogadores que non chegaron a alcanzar os postos máis altos pero o deixaron todo no tapiz! 💪👏
コメント