top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

OS NOSOS VOLTAN CON 8 MEDALLAS DE ALFAJARÍN

O pasado fin de semana Alfajarín acolleu o Máster N4 pertencente ás categorías Sub13 e Sub17 onde se deron cita as mellores raquetas de bádminton do panorama nacional. Os resultados máis destacados foron os seguintes: 🏸


Raúl Bergua, do CB Ravachol, proclámouse dobre Campión do torneo nas modalidades de individual masculino e dobres masculino xunto ao seu compañeiro Xoel Álvarez, do CB Athlos. A súa vez, Xoel lograba a medalla de prata en individual masculino. 🏆🥇🥈


Sara del Castillo e Inés Poncela quedaban a piques de lograr o ouro en dobres feminino tras ser derrotadas na terceira manga da final por 19-21 en contra. Aínda así, subiron ao segundo peldaño do podio facendo un gran papel. 🥈


En dobres mixtos, os xogadores coruñeses, Samuel Luaces e Sira Vila, lograban subir ao podio logrando un novo bronce para o medalleiro galego, ao que se lle suma o tamén logrado polo vigués Nicolás Davila nesta mesma categoría. 🥉


Na categoría Sub13, Álvaro Gómez, do Escola Rosalía, realizaría unha fantástica actuación conseguindo duas medallas de prata nas modalidades de individual masculino e dobres mixtos. Finalmente, As irmáns Eva e Inés Lemos de Ponteareas clasificáronse entre as catro mellores parellas de dobres feminino do Máster de Alfajarín demostrando un gran nivel. 🌟


Noraboa a todos e a todas! Sigamos por este camiño! 💪





15 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


bottom of page