top of page
Buscar

O DOBRES FEMININO ARRASA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB15

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 1 dic 2024
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 2 dic 2024

🏸✨ O bádminton galego brilla no Campionato de España Sub15 en Murcia! ✨🏸


Esta fin de semana, xogadoras e xogadores galegos protagonizaron grandes éxitos no Campionato de España Sub15, enchendo o podio de medallas e talento. 🌟


Na modalidade de dobres feminino, o posto máis alto foi para a coruñesa Inés Poncela e a súa compañeira María García, coroándose como novas Campioas de España Sub15. 🥇👏🏅 Medallas de bronce para as parellas semifinalistas:


  • Xulia Otero e Maia Freire

  • Marta Álvarez e Belén Soto


Por outra banda, Inés Poncela destacou tamén en outras modalidades:🥉 Bronce en dobres mixtos formando parella con Pablo Sanz.🥉 Bronce en individual feminino, logrando un total de tres medallas nas tres modalidades nas que competiu. 💪✨


🎉 Dende a Federación Galega de Bádminton queremos felicitar a todas as xogadoras e xogadores galegos polo seu espectacular papel neste campionato. Grazas por levar o noso deporte ao máis alto! Sodes un orgullo! 💙🙌






 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page