Este sábado pola tarde disputouse o derbi galego da máxima categoría do bádminton español, onde o Club Bádminton Pontevedra conseguiu unha contundente vitoria por 7-0 ante o Club Bádminton As Neves. Con este resultado, os pontevedreses aseguran matematicamente a permanencia, mentres que os nevenses se perfilan como claros candidatos ao play-off de descenso.
O encontro comezou cos partidos de dobres, onde o CB Pontevedra levou os tres puntos iniciais. Nos individuais, os locais continuaron co seu bo nivel, pechando o marcador cun rotundo 7-0. A pesar do esforzo dos nevenses, os pontevedreses foron superiores e aproveitaron o factor cancha para selar a súa salvación.
Parabéns ao CB Pontevedra por conseguir o seu obxectivo e moito ánimo ao CB As Neves, que aínda teñen opcións de loitar pola permanencia! 💪🏼🏸


Comments