💥O mes de Setembro comeza con grandes noticias para o bádminton galego que volve a demostrar un gran nivel. Nesta ocasión no máster nacional disputado en Oviedo a pasada fin de semana ao cal acudiron numerosos volantistas da nosa comunidade.
🔹Na categoría sub15, a coruñesa e recentemente incorporada ao CGTD, Sara del Castillo realizou unha actuación fantástica subindo ao máis alto en individual feminino e logrando a prata coa súa compañeira de clube Inés Poncela en dobres feminino. Paula Casas, do CB Athlos e a propia Inés Poncela, quedarían a un paso da final deixando así 3 galegas entre as catro primeiras clasificadas do torneo en individual. O estradense Darío Míguez, xunto a Hugo Sanz, logra o ouro na modalidade de dobres masculino nunha final que se decidiría na terceira manga por 21-10. Por último, en dobres mixto, os nevenses Marta Álvarez e Carlos Segovia caerían en semifinais conseguindo a medalla de bronce correspondente.
🔹Xa na categoría Sub19, Ana Nóvoa consegue un novo título en individual feminino superando previamente na ronda de semifinais nun partido moi igualado a xogadora do CB A Estrada Iziar Barcala, a cal tamén realizou un gran papel xogando nunha categoría superior.
Por último, queremos felicitar a todos aqueles xogadores e xogadoras que se desprazaron ata terras ovetenses para disputar cada partido e deixalo todo na pista! Seguimos traballando!🔥
Comments