top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

máster n3 liencres abs

Xornada difícil para os volantistas galegos que se desprazaron ata Cantabria esta fin de semana. En individual masculino, Antonio Iglesias quedou as portas da medalla tras caer en semifinais contra Fernando Cívico nun partido moi axustado. Gabriel Fernández segue progresando tras o gran parón provocado por unha lesión que o obrigou a estar lonxe das pistas. Xuntos, non conseguirían superar a fase de grupos en dobres masculino.


Por outra banda, no modalidade feminina, Sara Galicia e Sara Ezquerro quedarían preto de alcanzar a fase final do cadro. O mesmo camiño seguirían na modalidade de individual, onde o gran nivel do campionato complicou o pase á última fase para ambas. Uxía Fernández realizou unha boa actuación pero non suficiente para chegar ao máis alto do cuadro.


¡Seguimos traballando e adestrando duro para mellorar cada vez máis! Ánimo!🔥🏸


3 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page