top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

MASTER N3 MEDINA DEL CAMPO

Fin de semana completo de bádminton onde xogadores e xogadoras galegas desprazáronse ata Medina del Campo para a disputa do Máster N3 Sub15 Sub19.

Comenzando pola categoría sub19, Ana Nóvoa do Club Bádminton Athlos Ourense consigue un doblete soñado conseguindo subir ao máis alto do caixón en individual feminino e en dobres mixtos xunto ao estradense Alejandro Barcala (CB A Estrada ).


Manuel Míguez, do CB A Estrada, e Hugo Salgueiro, do Club Bádminton Ravachol Pontevedra , consiguen o bronce en dobres masculino.


Xa na categoría sub15, Sara del Castillo, do Club del Mar de San Amaro , foi a gran vencedora en individual feminino e xunto coa sua compañeiro de clube, Inés Poncela, conseguiron a prata en dobres feminino!


Por último, Paula Casas do CB Athlos suma un bronce en individual.


Noraboa a todos e a todas por esas medallas que demostran o duro traballo que hay detrás! Felicitacións a todos e a todas as galegas e a seguir adestrando e mellorando cada vez máis!




7 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page