top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

LIGA NACIONAL SEGUNDA TERRITORIAL


O pasado domingo tivo lugar en Vegadeo o Liga Nacional de Clubes Segunda Territorial. Ata alí se desprazaron catro equipos galegos; Athlos A, Athlos B, Club del Mar e CB Cíes.


Os resultados foron favorables para os galegos. O Club del Mar fixo un pleno de victorias conseguindo levarse os tres encontros que disputaron sen ceder un solo punto.


O Athlos A firmaría unha actuación similar ganado con solvencia os tres encontros disputados. Mentres que, o Athlos B sería quen de sacar un encontro e sería derrotado nos dous restantes pola mínima. Por último, o CB Cíes sacaría adiante o encontro fronte ao Vegadeo logrando unha victoria das tres posibles.


Desta forma, Club del Mar mántense na primeira posición con tres puntos de vantaxe sobre o Athlos A, situado en segunda posición. O quinto posto é para o Athlos B e o Cíes ocupa a séptima praza.


Moito ánimo a todos os equipos galegos e seguimos en loita!💪🏼✅🔥




1 visualización0 comentarios

Comments


bottom of page