top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

III Open de Portugal sub-17

Esta fin de semana tamén se disputou el terceiro Open de Portugal Sub 17 ata alí desprazáronse numerosos xogadores e xogadoras acompañadas polos técnicos, Rafael Vázquez, Rubén Espinosa, Antonio Iglesias e Sara Ezquerro.


Adrián Rodríguez e Xoel Álvarez estiveron a piques de meterse na ronda de cuartos de final na modalidade de individual masculino, ambos partidos se decidirían na terceira manga en contra dos nosos cun marcador moi axustado.


En dobres femininos, Martina Llamas e Noa Martínez do CB Athlos chegaban ata os cuartos de final e plantáronlles cara a unha das parellas mais fortes da modalidade. O mesmo camiño correron as súas compañeiras de clube Mariña González e Beatriz López, que se presentaron en cuartos de final.


Xoel e Adrián, que formaron parella en dobres masculino, realizaron unha gran actuación ata alcanzar o quinto posto nesta modalidade.


En dobres mixtos, Sara del Castillo e Darío Míguez acompañaban a Xoel Álvarez e Mariña González caendo en octavos de final do campionato.


Noraboa a todos e a todas e a seguir traballando e adestrando duro!🔥





47 visualizaciones0 comentarios

Kommentare


bottom of page