O Egypt Parabádminton International daba comezo o pasado 23 de xaneiro e contaría coa participación de dous xogadores galegos, Ignacio Fernández e Manuel G. Rosendo. O campionato foi todo un éxito para os de Ourense, voltando con dous quintos postos en SU5, un bronce en individual masculino WH2 e unha prata en dobres masculinos WH1-WH2.
Na modalidade SU5 Manuel G. Rosendo quedaba as portas das medallas tanto en individual masculino como en dobres masculinos xunto ao seu compañeiro Diogo Daniel.
O artifice das dúas medallas foi Ignacio Fernández, que coa sua parella de dobres, Francisco Motero, lograban meterse na final de dobres e plantarlle cara aos actuais campións. Na modalidade de individual Ignacio alcanzaba as semifinais.
Noraboa a ambos e a seguir loitando e adestrando duro! Bo traballo!🔥🏸


Comentarios