top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

IBERDROLA SPANISH INTERNATIONAL

A volantista galega Lucía Rodríguez volta cun doblete de ouro do Internacional de Ibiza

Durante os pasados días os xogadores e xogadoras galegas desprazáronse ata Ibiza para a disputa dun novo torneo internacional. Por parte da nosa comunidade, Lucía Rodríguez, Jacobo Fernández, Nikol Carulla e Rodrigo Sanjurjo foron os representantes do bádminton galego. 


Os resultados foron máis que brillantes✨ para os nosos, destacando a gran actuación da nevense Lucía Rodriguez que voltou con duas medallas de OURO🥇correspondentes as modalidades de dobres mixtos e dobres feminino con Paula López e Rubén García como acompañantes no gran papel que realizaron para poder acadar ás duas victorias. 


O xogador do Cb Cíes, Jacobo Fernández, lograban a prata 🥈 en dobres mixtos xunto a Paula López, sumando así o terceiro metal galego e demostrando un gran nivel nunha final onde dous galegos se viron as caras, todo un soño feito realidade para esta federación.


Por último, os volantistas do Bádminton As Pontes, Rodrigo Sanjurjo e Nikol Carulla, loitarían ata o final pero quedarían as portas do podium nas categorías que disputaron.


Noraboa a todos e a todas por esos grandes triunfos! Agora chegalles o turno as categorías inferiores, que xa están en Ibiza para representar o equipo nacional! Sorte🍀🏸🔥






9 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page