A semana pasada, varios dos nosos xogadores viaxaron a Caldas da Rainha para representar a Galicia nun torneo de alto nivel. Ana Nóvoa, Gabriel Fernández, Rodrigo Sanjurjo, Nikol Carulla e Raúl Bergua deron o mellor de si e deixaron o noso bádminton ben alto! 💪🏼🏸
Gabriel Fernández disputou a modalidade de individual, onde comezou con forza acadando unha gran vitoria no seu primeiro partido. No segundo encontro, tocoulle enfrontarse a un duro rival de Malaisia e, a pesar de pelexalo, non puido levarse o triunfo. Bo traballo, Gabi! 🔥👏🏼
Ana Nóvoa superou a primeira rolda nun partido tremendamente igualado, conseguindo a vitoria pola mínima! 🎉 Na seguinte fase, nos trintaedousavos de final, loitou ata o final pero non logrou avanzar. Aínda así, leva unha gran experiencia e demostrou un gran nivel! 🙌🏼
🔹 Rodrigo Sanjurjo, formando parella con Daniel Franco, acadou os cuartos de final en dobres masculinos, onde lle plantaron cara á parella francesa á que se enfrontaron. Moi bo resultado para eles! 💪🏼🔥
🔹 En dobres mixtos, Rodrigo tamén competiu xunto á viguesa Nikol Carulla, pero cederon en dezaseisavos de final. Nikol, pola súa parte, disputou tamén o dobres feminino con Carmen María Jiménez, caendo na rolda anterior ante unha parella francesa moi forte. Gran esforzo de ambas! 👏🏼
🔹 O pontevedrés Raúl Bergua logrou superar unha rolda nas previas de individual, pero no seguinte partido enfrontouse a un xogador danés que lle puxo as cousas difíciles, quedando fóra da competición. Aínda así, boa experiencia e moi bo xogo! 💪🏼
Parabéns a todos por representar a Galicia con orgullo! A seguir adestrando e mellorando! 💪🏼🏸
Comments