top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Gran actuación de Franco e Sanjurjo en ESTONIA 

A parella formada por Daniel Franco e Rodrigo Sanjurjo debutou en Tallín o venres cun emocionante encontro no que lograron remontar ante os alemáns Jonathan Dresp e Aaron Sonnenschein (14-21, 21-11 e 21-15), garantindo así o seu pase aos oitavos de final. Ese mesmo día, superaron outro reto complicado vencendo aos franceses Gaspard Delabrosse e Erwin Kehlhoffner nunha nova remontada que os levou aos cuartos.


O seu camiño na competición chegou ao final nos cuartos de final, onde foron derrotados polos terceiros cabezas de serie, os franceses Nattan Bega e Baptiste Labarthe (11-21 e 17-21). Aínda que non acadaron as medallas, o balance é moi positivo neste arranque de 2025, reafirmando o excelente momento dos dobres masculinos en España.


👏 A dupla formada polo galego e o andaluz deixou boas sensacións e demostrou estar á altura das mellores competicións internacionais. Este foi só o comezo dun ano que promete grandes logros.



2 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page