Festa do bádminton galego nun torneo marcado polo bo ambiente e pola gran participación en Teixeiro.
En primeiro lugar felicitar ao CD Hydra pola boa organización do torneo e ao equipo arbitral que se desprazou ata o polideportivo para realizar unha labor fundamental.
Por outra banda, alegría màxima por parte da Federación Galega de Bádminton ao ver o gran nivel dos nosos e das nosas sénior que seguen e practicar o deporte que aman. A idade é so un número, e eles demóstrano cada día.
As nosas máis sinceiras felicitacións a todos os participantes e especialmente aos integrantes dos diferentes podios. Unha vez máis o bádminton galego está de noraboa!💙🤍💥
Commenti