A xogadora galega Lucía Rodríguez consegue o título de Campiona de Europa de Clubes co equipo italiano Matex Marabadminton.
Toda unha azaña histórica para unha xogadora que demostra ano tras ano que non ten límites facendo historia unha vez máis.
No mesmo equipo, felicitamos tamén a Ania Setién, interna no Centro Galego de Tecnificación Deportiva hai uns anos atrás.
Falamos agora da outra cara da moeda, Laura Santos non foi quen de levantar o trofeo de campiona de europa de clubes pero demostrou na pista a gran xogadora que é deixándonos un nivel altísimo.
Noraboa as tres e a seguir loitando, grazas por levar o bádminton galego polo mundo adiante!💙🤍👏🏻
Comments