Catro ouros unha prata e dous bronces para Galicia no Campionato de España Abs. e Parabádminton disputado en Sevilla esta fin de semana.
Gran resultados dos volantistas galegos que suman sete novos metáis ao noso medalleiro.
A nevense Lucía Rodríguez proclámase Campiona de España de dobres mixtos xunto a Ruben García. Unha emocionante final que levarían en duas mangas fronte a Pablo Abián e Haidee Ojeda por 21-15 e 21-14 mostrando o gran nivel e estado de forma no que se encontran.
En dobres masculinos, Javier Álava e Rodrigo Sanjurjo, do @cbathlos e do @badmintonaspontes respectivamente, subirían ao podio na praza de semifinalistas tras caer fronte aos actuáis campións nun partido de máximo nivel. Unha gran recompensa despois do traballo realizado durante toda a tempada.
Queremos destacar tamén as actuacións de Jacobo Fernández, Javier Sánchez, Antonio Iglesias, Basilio Porto, Alejandro Rivadulla e Nikol Carulla, esta última tendo que retirarse da competición.
Na modalidade de Parabádminton, os grandes triunfadores da xornada foron os ourensans Igancio Fernández e Manuel García. Ignacio lograba proclamarse DOBRE CAMPIÓN DE ESPAÑA levándose as victorias en IM WH1-WH2 e en DM WH1-WH2 xunto a Francisco Motero. Non satisfeito, sumaba un bronce na modalidade de CNI xunto a Nelly Iriberri.
A súa vez, Manuel García subía ao primeiro peldaño do podio en DM - SU5 conseguindo o título de CAMPIÓN DE ESPAÑA . Ademáis sumaría unha prata en IM SL4-SU5-SH6.
Queremos destacar tamén a labor dos técnicos que acompañaron aos deportistas para brindarlles instruccións e apoio e felicitamos a todos os medallistas de novo por deixar ao bádminton galego no mais alto unha vez máis!
Comments