top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Brillan as Raquetas Galegas no Máster N4 de Huelva

O pasado fin de semana, a cidade de Huelva 🏙️ acolleu o prestixioso Máster N4 de bádminton nas categorías sub-15 e sub-19, onde un talentoso grupo de volantistas galegos ✈️ viaxou con ilusión e determinación para competir ao máis alto nivel. O torneo, recoñecido pola súa gran categoría e nivel de esixencia, reúneu a xogadores e xogadoras de todo o país dispostos a demostrar a súa valía na pista.


Entre os destacados da expedición galega, David Casas y Adrián Seijo 🏅 fixeron un gran papel no dobres masculino sub-15, subindo ao podio e poñendo o acento galego nas medallas 🥈. A súa coordinación, técnica y espíritu de equipo fixéronse notar en cada partido, culminando nun brillante resultado que reflicte o traballo e a dedicación que estos mozos lles adican aos adestramentos.


Ademais, Adrián Seijo 💪 brillou tamén na categoría individual masculino sub-15, acadando un terceiro posto que consolidou a su actuación destacada nesta competición. A sua habilidade e madurez na pista deixaron impresionado ao público e aos rivais, reafirmando o seu gran potencial.


Este Máster N4 en Huelva foi, sen dúbida, unha experiencia de aprendizaxe e crecemento para toda una expedición galega 📈, que segue consolidando a sua presencia nos torneos de maior nivel. A Federación Galega de Bádminton non podería estar máis orgullosa destes logros 🏆, que representan un paso máis no camiño do bádminton galego cara ao éxito.


¡Noraboa a todos e a todas!



25 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page