Ignacio Fernández segue a facer historia no parabádminton💥
O xogador do @cbathlos consigue unha nova medalla en DX WH1-WH2 nun torneo internacional de Parabádminton xunto a sua compañeira de dobres mixtos Henriett Koosz. Ambos plantaron cara á parella india en cuartos de final e cederían nas semis nun partido moi complicado e de alto nivel.
Por outra banda, na modalidade de individual WH1-WH2 Ignacio pasaría de grupos e acadaría os octavos de final firmando unha excelente actuación que culminaría en dobres masculino xunto a Francisco Motero con outros octavos de final.
Manuel García Rosendo, que foi de menos a máis, quedou a un paso da medalla en dobres masculinos SU5 xunto a Pablo Serrano caendo nun partido moi igualado contra unha parella malaya. En individual masculino SU5 non acadaría a fase final tras encontrarse no “grupo da morte” con tres volantistas asiáticos.
Noraboa a ambos pola gran actuación e a seguir facendo historia!💙🤍🏸
Comments