top of page
Buscar

Australia Para Bádminton Internacional 2023

Foto del escritor: Federación Gallega de BadmintonFederación Gallega de Badminton

Dende o día 2 ata o día 6 de outubro, os xogadores de parabádminton Ignacio Fernández e Manuel García Rosendo fixeron unha longa viaxe a Australia para participar nunha nova competición internacional clasificatoria para os xogos paralímpicos.


Por Parte de Ignacio, destacamos os cuartos de final de dobres mixtos WH-1 WH-2 con Henriett Koosz tras un gran torneo, a só un paso dunha nova medalla internacional. En individual masculino WH-2, tras enfrontarse a rivais moi duros, non conseguiría superar a fase de grupos. Igual pasaría en dobres masculinos con Francisco Motero. Manuel García Rosendo non conseguiría avanzar as fases finais do cadro tras toparse con rivais moi fortes no grupo.


Toca seguir traballando duro e os resultados chegarán! Ánimo rapaces!



 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page