top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

A EXPEDICIÓN GALEGA DEIXA BOAS SENSACIÓNS EN DUBLÍN

Acompañados dos adestradores Pablo Méndez e Manuel Brea, a expedición galega viaxou ata Dublín para disputar un novo torneo internacional.


👦🧒🏸 Xoél Álvarez (CB Athlos), Raúl Bergua (CB Ravachol), Pablo Alfaya (CER Vigo), Adrián Rodríguez (CB As Neves), Iker Rodríguez (CB As Neves), Iziar Barcala (CB A Estrada) e Carmen Carro (CB Ravachol).


📈Os resultados máis destacados foron os seguintes:


A pontevedresa Carmen Carro, a piques estivo de meterse entre as catro primeiras clasificadas cedendo na ronda de cuartos de final contra a cabeza de serie número un do torneo.


A mesma Carmen, xunto a Adrián Rodríguez, vivian a mesma situación en dobles mixtos, onde estiveron moi preto de alcanzar a medalla tras derrotar na ronda anterior aos seus compañeiros Iziar e Raúl nun partido moi igualado que se decidiría pola mínima na terceira manga (21-19).


Carmen e Iziar, voltaban a alcanzar a ronda de cuartos de final de dobles feminino deixando un gran nivel.


Noraboa a todos e a todas e a prepararse para as vindeiras grandes citas! 👏





3 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page